clubrapidobahia

club rapido bahia aldan:: HOME PAGE

NOVA PAXINA WEB

NOVA WEB

Si queredes coñecer a nosa nova paxina:

http://www.rapidobahia.com

Prema eiqui:

SORPRENDERASTE, PROBA E VERAS

http://www.rapidobahia.com

 

Estamos a traballar nunha nova e actual paxina web,

*NOVOS CONTIDOS

*FOROS DE OPINION

*MAIOR CALIDADE DE IMAXEN

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

¡¡ FELIZ 2011 !!

Feliz 2011 a todos os simpatizantes

¡ Xa estamos aqui de novo !

¡ Hola amigos !

Debido os problemas surxidos no seo do Club Rapido Bahia, esta paxina como ben sabedes estivo uns dous meses inactiva. Non quisera aproveitar a oportunidade que me da a mesma pra despotricar contra ninguen, podedes estar ben seguros que o unico que me movera a partir de estes intres a ofrecervos a vos todos esta paxina de novo, non e mais que non defraudarlles a estes mais de 20000 visitantes que permaneceron sempre fieis a esta web, e que mais de un incluso sei que reclamaba insistentemente que seguira activa a paxina.


Por si alguen tiña algun tipo de dubidas o respecto, aclarar que esta paxina naceu somentes do entusiasmo dunha soa persoa que construiu esta web de maneira totalmente gratuita, sen que lle costase nin un so euro o Club, somentes co seu esforzo e traballo persoal, ou sexa adicandolle con muito cariño bastantes horas de traballo co unico afan de que a xente que quere o Bahia estivese sempre informada, e que o Club contase con un medio coma este que lle dera un imaxen e un dimensión maior.

A partires de estes intres espero seguir mantendo vivo este espiritu a traves de aqui, e poño a disposición de todos aqueles que teñan algo que decir, de unha forma libre como non poderia ser de outra forma. Tamen estarei encantado de poder recibir toda aquela información grafica ou de outro tipo que consideredes que deberia ser reflexada aqui.

Dou case que por suposto que e muy probable que algunha mente retorcida lle poida producir algun tipo de malestar que esta paxina se retome de novo, e mais si se lle ofrece a calquera a posibilidade de poder manifestar as suas opinións de forma libre e soberana, pero isto realmente sera por miña parte algo totalmente asumible, pois calquera das miles de persoas que entren aqui con senso comun merecenme muita mais consideracion e respeto...¿ou non?.

Bueno, pois deixo aqui os meus mellores desexos pra todos pra este novo ano e un enderezo electronico no que podedes facer chegar as vosas opinións ou suxerencias.

Unha apertiña


                   forobahia@gmail.com


¡¡ FELIZ 2011 !!

 ano 2011 a todos os s

impatizantes

nova paxina

NOVA PAXINA WEB:

         http://www.rapidobahia.com

NOVA PAXINA WEB

Esta sera a partir de agora a nova paxina web;

             http;//www.rapidobahia,com

NOSAS PROMESAS EN MAREO (GIJON)

DUAS DAS NOSAS PROMESAS EN MAREO

Nesta primeira semana de Agosto dous rapaces das categorias inferiores do noso Club, cadetes pra mais señas foron invitados a traves de unha colaboración do Rápido Bahía e o Real Sporting de Gijón, a unha estadia no prestixioso Campus de Mareo da cidade Asturiana.

Os rapaces elexidos nesta ocasión foron Rubén (dianteiro) e Sergio (porteiro), os cales quedaron maravillados desta gratisima experiencia vivida no Campus, donde ademais de traballar durante unha semana enteira aspectos tacticos e tecnicos do futbol, conviviron en perfecta armonia con outros rapaces chegados de toda a xeografia nacional e incluso de fora das nosas fronteiras.

Esperamos que esta experiencia sexa un impulso importante na suas vidas deportivas, e que saiban aproveitar debidamente os coñecementos adquiridos.

sph

Boas vibracions dos Xuveniles

                                    Partido amigable

R.Bahía Xuvenil.........3

C.D.Nieto...................0

R.Bahía: Sergio,Dario;David,Aaron,Moncho,Lopez,Berto,Olivera,Ivan,Dodo é Dani. Suplentes:Luis,Manuel,Oscar.

Goles: 1-0 Lopez, 2-0 Lopez, 3-0 Berto.

Os Xuveniles amosaron onte sabado no campo de San Amaro unhas muy boas feituras de equipo que deixaron mais que satisfeitos a todos los afecioados ali presentes.

O partido estivo en todo momento acompañado por un persistente neboeiro que nalguns intres do mesmo case que impedia a visibilidade minima necesaria. A pesares de iso os dous equipos tentaron ofrecer un bo encontro e abofe que o conqueriron.

Unha vez rematado o partido as facianas de satisfacion entre ox xogadores e o seu tecnico Quino, con quen por certo notaselles unha gran complicidade, eran moi evidentes, e todo fai presaxiar que estamos no bo camiño.

sph

CAMPUS 2010

Campus 2010

Acaba de rematar o primeiro campus de veran 2010 do Rápido Bahía, que escomenzou este Luns dia 26 de Xulio e que rematou o Venres 30.

O obxetivo principal do mesmo non era outro que tentar reunir nestas datas veraniegas, a todos eses rapaces e rapazas que amosen as suas primeiras inquedanzas futboleiras. O certo e que haberia que resaltar que a pesar da muy curta idade dos futuros futbolistas, pois houbo pequenos que tiñan 3 anos recen compridos, o nivel amosado o entender dos tecnicos foi realmente alto, polo que podemos asegurar unha boa xeracion de "cachorriños" Bahianos.

Os adestramentos estiveron dirixidos por Bruno e Anxel, que impartiron os primeiros conceptos basicos, como sempre con gran sabiduria e dedicacion, a estes pequenos.

Entre as actividades do campus os rapaces puideron disfrutar de unhas xornadas de "piscina e xelados", que sen dubida serviron pra que ademais do seu caracter ludico, empezaran xa a coñecerse de cara o futuro, e desen as primeiras pegadas no aspecto da convivencia en grupo.

Asi pois exito total, e quedan todos emplazados xa ata o comenzo dos primeiros adestramentos de pre-tempada, que seran a partires do proximo dia 23 de Agosto as 10:30 horas en San Amaro.

sph

 

EN TERRA DE "XIGANTES"

7ª Xornada segunda autonomica Gr. 10

Unión Dena.....................  1

Oscar, Roberto, Dani, Jorge, Filgueira, Viñas, Marcos, Sergio (Joaquin 83''), Rubén, Jose (Carlos 66") é Agis

R.Bahía "B".................... 1

Jacobo, Isi, Richi, Pedro, Veiga, Aarón, Lazaro (Hector 87"), Diego (Pablo 55"), Manute (Jis 81"),Chuco, Diego F. (Payo 71")

Goles: 1-0 Viñas 25 m. 1-1 Diego 33 m.

Arbitro: Moises Campos Maneiro

UN PUNTO MUY TRABALLADO

Habia certo respeto por esta visitada dos rapaces de Tenorio a Dena, ainda que ollando o excelente arranque dos filiais a confianza en obter un bo resultado era moita.

Xa antes de comenzar o encontro, nos exercicios previos de quencemento chamaba poderosamente a atención a grandisima envergadura fisica dos locais, que contrastaba coa dos nosos, pero por fortuna pra este deporte como diria aquel..."non e cuestion de centimetros".

O partido comenzou co tanteo inicial dos dous contendintes, sen un dominador claro, ainda que as ocasions mais nitidas de gol eran pra os de Aldán que perdoaron un par de elas bastante proveitosas, e pra mais inri o Sr. colexiado que nalguns intres mais pareceu do colexio "sueco" que do pontevedres, pois fixose o tal en duas xogadas muy claras, unha nun fora de xogo que somentes el observou cando Lazaro enfiaba so hacia a porta de Oscar, e outra nun clarisimo derrube na area pequena de Chuco cando ia  a rematar na liña de gol.

Pero a pesar de isto, foron os locais quen na sua primeira aproximación, a balón parado, quenes batiron a Jacobo.

Iso non amedrentou para nada os "BB´s", que seguiron tentando facer o que mellor saben, que e xogar ben o futbol e tanto e asi que somentes tardaron sete minutos en poder empatar o partido.

De aqui ata o descanso mais do mesmo, certo dominio dos visitantes, con rapidisimos contraataques locais, que esperaban fortes atras pra sair coma frechas a mais minima ocasión.

 Na segunda parte quizas a loita foi muito mais encarnizada sobre todo no medio do campo, donde os locais tentaban unha e outra vez sacar proveito da sua grandisima presencia fisica, non tendo ningun tipo de prexuicio a hora de facer calquer tipo de falta, ainda que e xusto recoñecer que os nosos pra nada se amilanaron ante esa circunstancia e ainda que en desigualdade corporal deron sempre a cara en todo momento.

Pero a decir verdad tampouco a fortuna nos acompañou nesta vez, pois se puido resolver o encontro nun par de accions, unha donde un contrario sacou o balón na mesma liña de gol, e outra co arbitro unha vez ausente, o non querer sinalar un penalty dos denominados de libro sobre Isi.

O final reparto de puntos e resultado que ainda que poido haber sido mellor non esta nada mal, tendo en conta o dificil rival que viña de meterlle seis goles a domicilio o complicado Vilaboa, e que esta nos postos altos da taboa con craras opcions de ser un firme candidato o ascenso. En partidos asi e donde se esta a percibir o bo traballo que estan a realizar cos rapaces Javi Tenorio e o preparador Fran, a quen os chavales chaman agarimosamente "agujetas".

sph

Ecos do partido

Richi (defensa): "Muito traballo pra pouco resultado"

Diego Fonseca (centrocampista): "Dificil xogar, habia poucos ocos"

Chuco (centrocampista): "Non somos un equipo de futbolin"

Lazaro (todoterreno e filósofo): "Entre falta e falta intentamos xogar o futbol"

 

 

Abandoados pola fortuna...

2ª Autonomica Gr-10. Xornada 5ª

Eiriña...................................... 1

Javi, Jose, Borja, Antonio, Miguel, Santos, Edu, Nuñez (Borja), Romero (Leiro),Angel, Noel (Yago).

R.Bahía "B"........................... 1

Jacobo, Lazaro, Cata, Pedro, Richi (Jis), Aarón, Pablo, Dieguito (Borja), Manute, Chuco (Diego) é Isi.

Goles. 0-1 Manute m. 15; 1-1 Edu m. 70

    

¡ QUE MAGOA !

Non e doado explicar con palabras o acontecido onte no Campo da Xunqueira en Pontevedra no partido entre o Eiriña e o Bahia B sen cair en topicos, pois poucas veces se poderan ver nun partido de futbol unha situación tan escandalosa de mala fortuna coma a que tuvo o R.Bahía no susodito partido.

Comenzou o equipo como ben sendo xa habitual dende que comenzara a competición, ou sexa mandando dende o primeiro minuto de xogo, sen darlle tregua o rival e sabendo que o gol que abrira o marcador chegaria mais pronto que tarde, e asi nos primeiros dez minutos xa se crearan como minimo unhas tres ou catro craras ocasions de gol, con tiro o pau incluido. Pero tuvo que ser no minuto quince donde despois de unha gran e elaborada xogada, Pablo deixou un maxistral pase co calcaño a Manute, que este transformou de sutil e preciosa vaselina, todo un golazo.

A partires de aqui mais do mismo dominio absoluto das huestes de Javi Tenorio pero que non se traduciron en mais goles.

Na continuacion os locais que xa estaban xogando con un home menos por unha xusta expulsión, tampouco asomaron a cabeza polos dominios de Jacobo, que neste partido foi un mero espectador mais, pero ainda asi nunha falta a beira da area Aldanesa foron quen de enviar o balon dentro da porta visitante, ver pra creer, sobre todo porque por riba uns intres antes o arbitro anulou un gol a Pablo parece ser que por unha presunta falta o porteiro que somentes el mirou, asi que de un cero-dous pasamos a un empate que nin en soños pensaron que se produciria os locais.

O dominio pasou a ser todavia mais abrallante por parte dos visitantes, que estrelaron ata ¡ catro balons na madeira ! e incluso se permitiron estragar unha pena maxima no minuto oitenta de partido, en fin, estaba craro que esa non era a tarde dos nosos a pesares de haber feito un muy bo partido, asi que as facianas dos xogadores o remate reflexaban a impotencia e a rabia por eses dous puntos perdidos.

sph

Ecos do partido:

Cata (defensa) :  " Tiveron muita sorte, chegaron unha vez e marcaron"

Aarón (centrocampista) : "Unha merda, o destino estaba na nosa contra"

Manuel (delegado) : "Joer, vaia chiripa"

Lazaro (defensa e filosofo) "Uffffffffffffffff"

Chuco (centrocampista): ".....digo o mesmo que Lazaro"

SE QUERES VER RESULTADOS E CLASIFICACIONS

PREME AQUI:

www.icompeticion.com

 

NOVAS DO CANLE HISTORIA

 CANLE HISTORIA

A partires destes intres tentaremos dar un certo protagonismo na nosa paxina, a sección chamada "canle historia", donde ademais de algunhas anecdotas de epoca, relacionadas coa historia do noso Bahía, facilitaremos datos, clasificacions e resultados do equipo dende medio seculo atras ata os nosos dias.

Teño que facer un mencion muy especial e agarimosa a unha persoa sen a cual non seria posible este traballo, e que sen dubida e o maior coñecedor da historia do futbol galego, a traves do seu minucioso traballo de anos de investigacion. Este non e outro que o amigo "SENA" o cual doulle as gracias en nome propio e e todos os que siguen con interes esta paxina.

sph

" E apareceu San Diego"

5 ªXornada Preferente-Sur

Rápido Bahia.........................................2

Valente, Cibrán, Villa, Koeman (Futre), Lema, Ivan, Borja Solano

  Hugo, Pedro, Cal (Diego) e Cacho

Porriño...................................................1

Gabri, Berto, Josiño, Zico, Niki, Tuni (Jaime), Cañi, Rober II (Alex)

Fran, Rober (Dani), é Iago (Perez)

Goles: 1-0 Borja Solano min. 27. 1-1 Niki min. 59. 2-1 Diego min. 90

Arbitro: Alberto Rey Molana (Santiago)

(foto de arquivo)

Inxusto sufrimento

Bo partido o ofrecido onte a tarde no campo de San Amaro polos pupilos de Miguel Freijeiro, que sobre todo na primeira metade dominaron a pracer, disfutando de boas ocasions de gol, pero que a non poder materializalas chegouse o descanso con un exiguo 1-0 a favor dos locais, resultado ademais de curto,  totalmente inxusto por mor das ocasions xeradas e o bo xogo amosado polas huestes Aldanesas.

Na reanudacion ainda que os locais seguiron tendo o mando do partido, desconcentraronse talvez, un pouco a raiz da lesion de Koeman, que recibiu un codazo no rostro que o afastou do encontro e que o arbitro Sr. Rey Molana, non entendiu como punible, a pesar das evidencias e consecuencias do mesmo, esto fixo que por un momento os Bahianos persense algo de concentracion, momento que aproveitaron os do Val da Louriña pra empatar o partido, un empate bastante inmerecido polos meritos duns e de outros.

Reaccionou o Mister local de inmediato facendo alguns trocos, e quen iba a pensar que un deses trocos, concretamente Diego que saiu sustituindo a Cal no minuto 69, seria quen de romper as taboas do marcador no ultimo suspiro, cando xa todo parecia indicar que o empate seria o resultado final, inxusto resultado seguramente.

Asi pois cando se levan disputadas cinco xornadas de liga nesta preferente-sur, vemos como o R. Bahia se atopa na cuarta praza, a somentes un punto do lider, O Verin, que foi o unico que lle puido facer fincar o nocello os de Freijeiro. Asi pois seguiremos soñando unha semaniña mais.

sph

Xa estan en marcha os Xuveniles

Xa comenzaron a rodar os Xuveniles, que este ano estaran dirixidos pola batuta sabia e experta do adestrador Quino, que de esta maneira volve sentarse no banquillo de San Amaro.

Este pasado domingo disputaron un interesante partido de pretempada, donde se enfrentaron o Alondras, o resultado final foi de 2-0 a favor dos Baianos.

Segun nos comentaba o mister local, a unica magoa e que o plantel si cadra e un pouquiño curto pra poder afrontar con garantias suficentes a vindeira tempada, asi que se esta tentando incorporar algun fichaxe de ultima hora.

sph

"FUTBOL"- 3 "CATENACCIO"- 1

6ª Xornada 2ª Autonomica Gr. 10

R. BAHÍA "B"............................3

Jacobo, Isi, Cata, Pedro (Veiga m. 86), Richi (Payo m.72), Aarón, Lázaro, Diego (Borja m.80), Manute, Chuco, Diego Fonseca (Jis m.72)

VILABOA......................................1

Hefo (Aarón m. 23), Germán (Parri m. 70), Diego (Fran m.81), Roberto, Barreiro, Santi (Sebas m. 65), Chispi, Rosales, Rafa, Jose é Eloy.

Goles: 0-1 Rosales m. 49. 1-1 Manute m. 68. 2-1 Jis m. 75. 3-1 Aarón m. 82

Arbitro: Sr. Antonio Garrido Canosa (Colexio Pontevedra)

CANDO O FUTBOL FAI XUSTIZA....

Preocupaba moito o partido de onte en San Amaro do Bahia "B" diante da sua particular besta negra, o Vilaboa, equipo este que foi o unico que lles gañara dous partidos na triunfal pasada tempada, por iso o temor era latente polos precedentes mencionados.

Comenzou o encontro tal e como era previsible sin sorpresas na forma de xogar nun e noutro equipo, pois os locais tentaban facer ese futbol combinativo que tan bos resultados lles esta dando, e por contra os visitantes tamen na sua liña, ou polo menos tal como por estes lares viñan amosando, "futbol" defensivo a ultranza e usando todo-los medios posibles pra defender a sua porta, as veces segun a miña opinión, muy o limite da legalidade futbolistica, claro que neste caso parte de culpa sera sempre dos arbitros, que parece ser criterio unanime que amosan facilmente os cartons por calquer motivo menor e suelen ser reacios a facelo ante o xogo exaxeradamente duro, claro que neste ultimo caso a eles pensandoo ben pouco lles importa pois nunca e a sua perna a que corre perigo...

Asi e todo decir que nesta primeira mitade os pupilos de Javi Tenorio puideron marcar en duas ocasions muy claras, pero a falta de punteria condenounos o descanso a rematar en taboas.

Xa na reanudación, a pouquiño de comenzar, m. 49, os visitantes aproveitaron un falta lateral pra aproveitar un rebote na area pequena e poñerse por diante no marcador, xa se sabe que as veces estas cousas pasan no futbol, que nunha xogada aillada calquera che pode facer un tanto.

Nesta ocasión ainda que na retina de moitos estaba presente o partido da tempada anterior, onde os rivais unha vez por diante no marcador levaron o partido donde mais lles interesaba, con perdas de tempo  continuas e outras tretas semellantes, e ben e certo que nesta vez tamen o tentaron, pero a vista do resultado final sen exito. Pero como decia, nesta ocasión os rapaces de Aldán deron unha autentica lección de futbol, e sen preocuparlles o resultado xogaron un futbol de moitos quilates, abrindo unha e outra vez o balon as bandas, onde  Isi e Diego eran uns afiados estiletes pola banda dereita, pero que no atopaba rematador o borde da area, e na banda esquerda a outra parella Cata e Manute, reconvertido a interior entraban tamen con certa fluidez, e foi asi como no minuto 67, Manute fai unha das suas maxistrais incursions, zafase do seu defensor xa dentro da area nun palmo de terreo e cando quedaba soio o defensa lle fixo un crarisimo penalty cunha dura entrada por detras, entrada esta que o arbitro non quiso amosar carton de ningun color o infractor, quizas por que o susodito xa tiña unha cartulina amarela que hubera sido a sua expulsión.

Asi e que o mesmo Manute transformou con maestria e seguridade o penalty que puña momentaneamente as cousas no seu sitio, e ainda quedaba tempo de remontar.

Despois do empate. Tenorio sempre atento a lectura do partido moveu ficha, e sacou do campo a Diego Fonseca. que traballou a destaxo na medular, e deu entrada a o "Loiro dos Carballiños", Jis, do que sempre cabe esperar algunha xenialidad, e a boa fe que o troco lle deu resultado o mister, pois o Jis, culminou na area pequena unha maravillosa xogada do "filosofo" Lázaro que con muita fe e decisión foi quen de transformar un balón que se perdia pola liña de fondo, nun pase da morte que Jis atento empuxou o fondo das mallas, o mais dificil xa estaba feito.

O curioso e que esta vez o resultado non pareceu perigar en ningures, pois os locais seguiron elaborando bo futbol, e os visitantes non se atrevian a sair a polo empate, asi foi como nunha falta o borde da area visitante,un libre indirecto, Jis tocou lixeiramente pra que Aarón executase a falta marcando un golazo pola escadra do seu tocalloo porteiro Vilaboes Aarón que nada puido facer por atallar o disparo, soberbio, somentes faltaron os panos brancos nas concurridisimas bancadas de San Amaro, que se rendiron unha vez mais a estes canteirans que estan firmando un inicio de campaña espectacular.

sph.

Ecos do partido:

Javi Tenorio (adestrador) "Por fin rompemos o maleficio"

Diego (Interior) " Joder, como jugamos bien merecimos ganar"

Lázaro (Todoterreno e filosofo) "Se lle deu emoción pra despois gañar...jejejejejeje"

Cata (defensa revelación) "Non sei que decir"

 

prebenxamins R.Bahia-J.Lerez

bahia "B"-Moaña

NOVA PAXINA

Esta e a nosa nova paxina:

http://www.rapidobahia.com 

¡ Que bonito soño...!

Rexional Preferente-Sur, xornada 7ª

R.Bahía.....................................  1

Valente, Futre, Villa, Cibrán, Lema, Iván, Ramón (Pablo m.89), Hugo (Manu m.92), Pedro, Borja (Andres m. 83), é Cacho (Cal m. 67) 

Barbadás...................................  0

Roberto, Jorge, Marcos, Lopéz, Cesar, Alex (Outomuro m. 46), Cristian (Schuster m. 77), Ismael, Martin, Felipe é Almeida.

Gol: 1-0 Hugo m. 20

Arbitro: Sr. Soto Baridac (Colexio de Vigo)

Co-lideres con todo merecemento

Onte a tarde respirabase en San Amaro antes do partido unha especie de "satisfacción" no ambiente, e non era pra menos pois o sorprendente Bahía  de estes inicios de tempada enfrentabase a un dos "galos" da competición, nin mais nin menos que o potente equipo ourensan do Barbadás, que a priori e un dos mais firmes aspirantes o ascenso de categoria.

Nenbargantes nos inicios do partido parecia un pouco aquelo do mundo o reves, posto que os locais que teñen como caracteristica principal do seus fundamentos futbolisticos a boa colocacion defensiva e de algunha maneira deixar os contrarios o dominio do xogo, nesta ocasion atoparonse con un equipo que na primeira metade renunciando os seus principios coñecidos deixaba o balón en poder dos locais, que si que levaron a iniciativa do xogo nos primeiros cuarenta e cinco minutos, creando as suficientes ocasions de gol como pra que no minuto 20, Hugo colocara no electronico o 1-0 ante a loucura das animadas bancadas Aldanesas que celebraron con gran xubilo este tanto que puña por diante os rapaces de Miguel Freijeiro.

E toda a primeira metade transcurrio co mesmo guion, un equipo local ben armado e os visitantes dominados.

Xa na segunda parte os Barbadenses si que tentaron imprimir outro ritmo o encontro, e comenzaron a tocar unha e outra vez o balón como saben facelo, pero tampouco sen chegar a apabullar en ningun momento os locais, que enton si que tiraron de manual pra defender o exiguo resultado, que unicamente dado tal e como se desenrolaba o partido poderia estar en perigo en calquera xogada aillada, pero nunca froito dunha superioridade visitante que xamais se produxo.

Asi pois somentes restaba que o tempo trancurrise, e ter orden no campo pra que estes tres importantisimos puntos que otorgaban a victoria quedasen na casa.

Pero como todos sabemos que todo lo bo se fai de rogar, o arbitro quiso manter a incerteza ata o final prolongando o tempo engadido en sete minutos extras, que soamentes serviron pra que o final a victoria soupese mais doce.

Asi rematou o partido deste Rapido Bahía que esta facendo soñar as xentes de Aldán, e ainda que como cabe esperar, no seu loxico papel o Sr, Mister insista en que ainda non se fixo nada polo momento, non quita que a leal aficion Bahiana siga na sua nube particular soñando unha semana mais, vendo como o seu equipo lidera a clasificacion xunto co Verin....¡ que nos quiten o bailado !

sph

Ecos do partido

Miguel Freijeiro (adestrador) : "Eles deixaronnos a posesion do balon a nos na primeira metade" " Os nosos chavales saben en todo momento o que xogan"

Traspés con honra....

8ª Xornada Rexional Preferente-Sur

R. Bahia............................... 0

Valente, Futre , Villa, Pablo, Lema (Cal m. 66), Iván, Ramón, Hugo, Pedro, Borja  é Cacho (Andres m. 71)

C.D. Lalin.............................2

Javier, Toño, Lucas, Gustavo, Antonio, Manu (Iván Fdez. m.68), Nacho, Matelo (Suso m.60), David Soares, Iván Gonzalez (Quinteiro m.86) é Javi Ramos (Aitor m.83)

Arbitro: Sr. Queija Dominguez (Colexio de Ourense)

Goles: 0-1 David Soares m.14. 0-2 David Soares m. 34

Mereceron algo mais...

Habia onte unha gran expectación en San Amaro por saber si os nosos rapaces do primer equipo eran quen de seguir coa impresionante racha de victorias deste principio de tempada digno de enmarcar, e mais porque nos visitaba en partido oficial nada mais e nada menos que un equipo co potencial e historia do C.D. Lalin, un habitual durante moitas tempadas da segunda division B.

Ainda asi o encontro comenzou de forma que os locais non tiveron ningun tipo de complexo a pesares da entidade do rival, que mais parecia que lle deixaba certo dominio do balón os Baianos, quizas sabedores do momento de forma dos nosos.

Pero o primeiro xerro de auga fria chegou no minuto 14, cando sen haber feito demasiadas cousas os Dezanos se adiantaban no marcador por medio de David Soares.

Non se viñeron por iso abaixo os de Freigeiro, que tiveron algunha crara ocasion de empatar, sobre todo Pedro que non foi quen de culminar unha muy boa ocasión nun corner botado por Cacho, e pra desgracia da parroquia aldanesa na seguinte xogada outra vez David Soares mandaba o esferico o fondo da meta de Valente, gol este que foi bastante protestado por un mais que posible fora de xogo, pero que subiu o marcador, demasiado botin pra un equipo que xogaba agazapado. Basta con sinalar que nestes primeiros 45 minutos os locais botaron cinco corners e catro faltas o borde da area, pero non foron quen de transformalos en gol.

Na reanudación os locais sairon se cadra ainda mais enchufados, e se podia percibir no San Amaro un murmullo cada vez que collian o balón, pois a impresión era de que o gol chegaria en calquer momento.

Pero aqui emerxeu unha vez mais a figura do Sr. Queija Dominguez que no minuto 55, amosou un cartón amarelo o xogador local Ramón nunha acción que somentes el viu como punible, e a sabendas de que xa tiña unha cartulina amarela anterior, o cal provocou a controvertida e inexplicable expulsión. Sen dubidas decisions como esta non lle fan ningun favor o futbol, donde parece ser que alguns arbitros fan "xuizos sumarisimos" ante calquer motivo sen importancia e nembargantes miran pra outro lado moitas veces ante situacions de flagrante xogo violento, o incluso como e o caso do susodito Sr. Dominguez teñen a ben actuar con un certo punto de arrogancia ou chuleria, en fin ala eles si e asi como entenden o futbol.

A partir de aqui o partido xa case que non tuvo historia, si acaso serviu pra que os visitantes con muito oficio reforzasen a sua liña de defensa pra asegurar-lo resultado, ainda que a pesar de todo ainda os Baianos puideron recortar distancias nun par de ocasions, pero estaba craro que onte non era o dia de fortuna.

Non podemos menos que felicitar a todo o equipo porque en ningun momento lle negaron a cara o partido a pesar das adversidades, e darlles as gracias por facer que un modesto como o noso Rapido Bahia se codee con equipos de tanta talla e alcurnia sen desentonar, e poida estar compartindo liderato con eles... ¡ gracias rapaces ¡

sph

Miguel Freijeiro (adestrador) "Penso que merecemos outro resultado muy distinto, os chavales deron a cara en todo momento, non entendo as decisions do arbitro"

 

NOVA PAXINA WEB

NOVA PAXINA: http://www.rapidobahia.com

Prebenxamins COPA

A.D.Covadonga-R.Bahia

A-POIO dos Xuveniles é nova proeza

¡ VAYA EQUIPAZO !

 

 

 

 

 2ª Autonomica Gr-10 (3ª xornada)

Poio.........................................................1

Angel, Javi, J.Luis, Rodri, Delfin, Gandara, Jaime,

Jacobo (Guti), Marcos, Adrian (Alberto) é Rai

R. Bahía "B"..........................................3

Jacobo, Lázaro, Cata, Pedro, Richi, Aarón, Pablo (Hector)

Isi, Manute (Oliver), Chuco (Alberto) é Jis (Ivan)

Goles: 0-1 Pablo min. 7. 1-1 Jacobo min. 39. 1-2 Pedro min. 62

Aarón min. 68

Arbitro: Alejo Sartages (Pontevedra)

Seguen asombrando

Vai a chegar un momento no que se nos acaben os calificativos pra nombrar a este equipo maxistralmente dirixido por Javi Tenorio e Fran na parte fisica.

Era a de onte unha saida bastante complicada por mor da categoria do rival, un recen descendido de primeira, pero sobre todo polas numerosas baixas que presentaba o equipo. Ainda asi lonxe de lamentarse o mister unha vez mais tirou de xuveniles e abofe que estes unha vez mais non lle defraudaron, demostrando que a canteira de san Amaro esta "cocendo" unha boa fornada de rapaces que de seguir asi poderian dar bastante que falar.

O encontro, dende o primeiro minuto foi controlado polos "BB", que se atopaban a gusto sobre o irregular cespede de Poio, dominando craramente o xogo na zona de creación, onde os pivotes, Chuco e Aarón movianse con gran soltura diante dos veteranos xogadores locais, e as bandas con Jis e Isi, sobre todo este ultimo, que levou unha boa dosis de todo tipo de tarascadas ante a impotencia pra poñer freo as suas incursions, como decia o centro do campo era dominado polos cachorros de Aldán, que asistiron bastante ben os rapidos dianteiros Manute e Pablo, e asi foi como nun boa xogada de ataque Pablo con maestria marca un autentico golazo de vaselina que suporia o 0-1.

A partir de aqui houbo un certo momento de relaxacíon, e como case sempre suele ocurrir nestes casos, os contrarios aproveitaron unha indecision da defensa pra anotar o empata pouco antes do descanso, eso foi un autentico xerro de auga fria, pois polos meritos duns e de outros era demasiado premio pra os locais que chegaban con vida o descanso.

Na reanudación, e despois da charla de Tenorio no vestiario, o Bahia saliu decidido a facerse co partido, e dominou de novo o encontro e foi asi como en duas xogadas de estratexia a balon parado, primeiro o "longueirucho" Pedro gañandolle a accion os defensas rivais dun testarazo puso de novo por diante o seu equipo, era o minuto 62 e somentes seis despois, era o "besta" Aarón quen de potente salto envia de novo o balon as mallas, establecendo o loxico 1-3 do marcador. Hay que decir que os locais tamen dispuseron de algunha crara ocasion de gol, como unha que deu no pau da porteria de Jacobo, pero o marcador xa non se moveria mais. 

Asi pois sorprendente arranque ligueiro dos "BB" que independentemente dos resultados, e de demostrar que non lle pesa esta nova categoria, amosan un futbol de muy alta escola que seguramente faran esta tempada a ledicia dos aficioados de Aldán.

ECOS post-partido

Javi Tenorio (adestrador)... "Penso que despois de poñernos por diante no marcador houbo certa relaxación, e xa se sabe que nunca se debe baixar a garda neste tipo de partidos. E verdade que xa na segunda metade cerramos mais os espazos e estivemos mais atentos. Penso que foron determinantes as xogadas a balón parado, que estamos probando nos adestramentos semanais"

Jis (interior)..."Eu resaltaria a boa labor dos xuvenis, que lle deron un aire fresco o equipo. Estes rapaces sen dubida vannos a xubilar pronto a nos"

Lazaro (defensa)...(textualmente) "El partido Bien"

Con muito oficio.....

6ª Xornada Preferente-Sur

Cambados.......................................1

Rubén, Koeman, Edu, Unai, Fran (Nico), Noli (Vila), Cascallar (Abel), Manu, Javi (Eulogio), Penjamo é Aarón.

R.Bahia............................................2

Valente, Futre, Villa, Cibrán, Lema, Iván, Borja, Hugo (Manu), Pedro (Cristian), Cal (Andres) é Cacho (Rubén).

Arbitro: Francisco Rodriguez

Goles: Cacho m. 28 (penalty), 1-1  Javi Sanchez m.42. 2-1 Cacho m. 52

foto de arquivo

O MUNDO O REVES.....

Permitirme que escomence esta cronica con este titular, "o mundo o reves", e ten a sua loxica despois de presenciar onte a tarde nunha treboeira tarde de domingo no campo de Burgans en terras Cambadesas, o partido entre os locatarios e as huestes de Aldán.

O encontro en si mesmo seguro que non quedara pra enmarcar, mais ben seria un mais dos que se disputen nesta categoria, donde basicamente predominan sobre todo a forza fisica e mais a tactica, e os equipos mellor dotados nestas duas facetas, como e o caso do Bahia, teñen moitas posibilidades de victoria, como asi aconteceu onte en Cambados.

Podese decir que o partido resultou bastante competido, pero coa sensacion en todo momento de que o equipo que realmente tiña o control do partido era o de Aldán, disfrutando incluso de algunhas ocasions de gol en rapidos contraataques na primeira metade, fruto da cal chegou o primeiro gol, nunha muy boa xogada de combinación que rematou con craro derrubo a Hugo dentro da area, transformando Cacho con tranquilidae e maestria o mesmo, que adiantaba o seu equipo no marcador.

Ainda asi lograron empatar os locais case que o borde do descanso, ainda que tampouco se poderia decir qu lle estaban poñendo cerco a porteria de Valente, mais ben foi froito de unha xogada aillada que transformou Javi Sanchez, e que por mor do tempo que quedaba, toda a segunda parte, daballes as os Cambadeses.

Sen embargo na segunda metade, a pouco de comenzar seria de novo Cacho dende fora da area, tras aproveitar un rechace que repeliu o pau da porteria local quen de un potente disparo establecera o 1-2 que a postre resultaria definitivo.

A partires de aqui mais nervos que acerto por parte local, e toda unha lección de control dun partido por parte Aldanesa, e aqui e donde eu queria facer un reseña, posto que parece mentira que un equipo como o Cambados, con homes muy pero que muy veterans, alguns incluso con certo "look" e apariencia de outra epoca, se queixaran de que os que perdian tempo e todas esas "marrullerias" foran os visitantes, que a decir verdade por media de idade parecerian mais un equipo de benxamins diante dos seus rivais... ¡ en fin ! , o dito , o mundo o reves.

Bueno de calqueira maneira e xusto recoñecer o excelente traballo realizado por Miguel Freijeiro e os seus rapaces, que na altura da sexta xornada atopanse segundos, a un punto do lider, e sobre todo demostrando unha solided asombrosa.

sph

comida confraternidade

EN MARIN... ¡ VICTORIA DE POSTIN !

CHEGAR E BICAR O SANTO...

Campionato de 2ª autonomica. Xornada 1

SPORTING MARIN..................... 0

RAPIDO BAHÍA "B"................... 1

JACKS,LAZARO,CATA,RICHI,PEDRO,AARON,MANUTE (OLI),

DIEGO (PITINGO),DANI (BORJA),CHUCO é ISI (JIS)

Goles: Minuto 4, Manute recolle un rechace dentro da area e marca a pracer

Non poderia comenzar mellor esta andaina dos nosos "BB", nesta nova categoria que estreaban onte con todo-los honores.

Habia por parte dos muchachos de Javi Tenorio un profundo respeito polos seus rivais, posto que segun parece poden ser uns dos mais craros aspirantes o ascenso por mor dos reforzos realizados nesta tempada, a maioria dels de xogadores contarstados en categorias superiores. Ainda asi se puido apreciar que dende o primeiro minuto de xogo, os nosos deixaron calquera tipo de comprexo na caseta e centraronse muy ben no partido.

Pronto quedaron muy craras as intencions dos de Aldán, posto que o debutante Cata, rapaz por certo de apenas ¡ 16 anos !, asustou o porteiro local o saque dunha falta que a piques estivo de entrar nas mallas locais, desviando por centimetros o porteiro a corner. No saque do mesmo, como sempre con gran astucia o habil Manute recolleu o rechace dentro da area e remachou as redes, non podia comenzar mellor a cousa, 1-0 no minuto 4 de partido.

E certo que a partir de aqui a posesion da bola correspondeu os locais, que tentaban facer un futbol de toque, mentras que os nosos sen amosarse como un equipo rocoso e duro en defensa pero si perfectamente colocados, anticipabanse unha e outra vez os dianteiros locais que xa empezan a precipitarse en algunhas accions froito do nerviosismo do resultado. Ainda haberia que reseñar nesta primeira metade que as mellores ocasions foron dos nosos en rapidas contras que sorprenderon a defensa local, sendo crarisima unha a piques de cumprir o minuto 45, ben levada por Manute que asistiu maxistralmente a Diego e que este despois de un bon recorte dentro da area non conseguiu finalizar.

Na segunda metade pouco iba a cambiar o guion do partido, xa de comenzo os locais tentaban levar o control da pelota, pero a decir verdade sen demasiados agobios pra a defensa visitante, claro que aqui apareceu a figura do arbitro, que deu toda unha leccion digna de figurar nos manuais do bon arbitro ultra caseiro, pois o de este señor certamente foi de desfachatez absoluta, culminada coa señalizacion dun penalty en contra dos visitantes , nunha xogada na que o dianteiro local, derruba dentro da area pequena o porteiro, e ante a incredulidade xeneral, pois ninguen do equipo local nin do publico lle reclamou nada, sacou da sua chisteira un penalty que somentes el quiso ver. Menos mal que as veces parece ser que existe unha xustiza "divina", e que pon as cousas no seu sitio, e nesta ocasion apareceu da man de Jacks, que estivo inconmensurable en todo o encontro e que de unha forma maxistral desviou a corner a inxusta pena maxima, todo isto ocurria no minuto 83 de partido, asi que esta accion deu todavia mais folgos os de Aldán, pra resistir as embestidas finais dos locais, que tentaron poñer asedio final con balons colgados a area, pero que en todo momento foron ben rexeitados pola defensa Bahiana.

Asi pois o mellor debut soñado, primer partido fora, rival complicado e os 3 primeiros puntos na buchaca. Enhoraboa rapaces.

sph

xiareiros do R.Bahia

Tres puntos con suspense...

4ª Xornada 2ª Autonomica Gr. 10

R.Bahía "B".......................................1

Jacobo, Lázaro, Hector, Pedro, Richi, Aarón, Pablo, Diego (Jis), Manute (Borja), Diego Fonseca (Payo), Isi.

Campolameiro....................................0

Lamas, Diego (Santi), Sergio, Champi, Fumega, Pechu, Artur, Bruno, Taboada, Oscar, Torres (Jose Antonio)

Arbitro: Sr. Daniel Montoto (Pontevedra)

Goles: Pablo m. 82

Non apto pra cardiacos

Enfrentabase onte no partido da 4ª xornada adantado o seran do sabado, o sorprendente  R.Bahia "B" e o Campolameiro, partido este que despertaba certas inquedanzas no corpo tecnico dos locais dado que contaba con numerosas baixas pra este encontro e non podia votar man Javi Tenorio dos xuvenis, como viña sendo habitual, posto que estes xogaban tamen o mesmo sabado pola tarde.

Ainda asi o equipo non se amedrantaria en ningun momento e saiu como suele ser habitual neles a polo partido, pero esta vez tiña enfrente un rival muy ben plantado no campo, con muito oficio e que non deixaba un intre de respiro, sobre todo na parcela ancha do rectangulo de xogo.

Asi pois foron transcurrindo os primeiros cuarenta e cinco minutos, con muito futbol tactico por ambos los dous conxuntos, e un derroche francamente importante sobre todo la liña media, pero a pesar de todo serian os locais os que dispuseran de algunha ocasion crara, sobre todo unha de Aarón quer lanzou maxistralmente unha falta que se colaba e que Lamas, porteiro visitante poido desviar con bastantes atrancos pra que o balon se estrelara na madeira.

Na segunda metade o decorado non mudaria moito, seguia unha ferrea batalla tactica, ainda que parecia que os visitantes se estiraban un pouquiño mais cara a porteria de Jacobo.

E asi parecia que o resultado, por mor da cara que tiña o partido seria o inicial empate a cero goles, pero apareceu unha vez mais a figura de Pablo, que nunha xogada aparentemente sen demasiado perigo, sacou petroleo roubandolles a carteira os defensores e o porteiro campolameirans, estableceu o resultado que o final seria definitivo,  1-0 pra os da casa e tres puntiños mais neste espectacular arranque ligueiro, ou sexa catro de catro, 12 puntos no casilleiro.

Pero ainda faltaban oito interminables minutos, que o colexiado Sr. Montoto prolongou de forma innecesaria, poñendo tanto os xogadores como os siareiros de San Amaro o borde dun ataque de nervos, chegando incluso a pitar unha incomprensible falta por perda de tempo do porteiro Jacobo...¡ no minuto 95 de partido !, falta indirecta dentro da area local donde case nadie respirou ata que o balon saiu fora nese agasallo de nadal adiantado con que o colexiado quiso premiar os visitantes.

O final ainda que sufrindo tres puntos mais que situan os filiais, no cumio da taboa. Enhoraboa

sph

Ecos do partido

Fran (preparador fisico)  "Hay que recoñecer que nos enfrentamos a un equipo muy ben situado no campo, e que nos puso bastantes atrancos, pero destes partidos aprendese muito"

Isi (centrocampista)  "Fixeronos traballar muito no medio campo, non perdian o sitio en ningun momento. Foron un digno e dificil rival"

Lazaro (defensa), a pregunta moi directa efectuada a Lazaro de que lle parecera o partido, él co a sua "verborrea e dialectica " habitual contestou... "Regular", en fin, asi e o noso Lazaro en estado puro.

CADETES LIGA GALEGA...RESULTADO ENGANOSO

PABELLON OURENSE....... 3

Miguel,Xavi (Brais),Ati,Germán,Bruno,Marcos,Toni (Santi),Juan,Adrian (Dani)

Dopazo é Aarón (Cid)

RAPIDO BAHIA...................0

Manuel,Fran (Carlos), Jesus,Vaqueiro, Refojos (Gonza), Mauro (Palmero),

David (Sergio), Gabi, Reiri, Iván (Alvaro) é Hilario.

Goles: 1-0 Adrian m-12, 2-0 Dopazo m-67, 3-0 German 78

RESULTADO ENGANOSO...

Hoxe produciase o esperado debut do noso equipo cadete na recen estreada liga Galega, onde se tiñan que enfrentar na cidade das Burgas o equipo do Pabellón Ourense.

Certamente, de algunha maneira os nosos amosaron posiblemente a sua falta de experiencia na categoria, ainda que hay que decir que en ningun momento deron unha mala imaxen, mais ben todo o contrario. De feito nos primeiros intres do encontro, os rapaces de Chini e Figu tentaron tratar de "ti a ti" os Ourensans, que non se encontraban comodos no terreo de xogo. Pero a pesar de iso, nunha indecision defensiva dos de Aldán, aproveitaron os Ourensans para inaugurar o marcador.

Asi sen mais transcurrio o encontro ata o remate da primeira metade. Na segunda sairon fortes os nosos rapaces, tanto que en cinco minutos tiveron unha media ducia de ocasions bastante craras que non foron quen de materializar,  e asi despois nun rebote os locais si que sentenciaron o encontro a falla de menos de quince minutos do remate, o que foi un autentico xerro de auga fria pra os de Aldan, logo xa con todo decidido ainda os locais foron quen de ampliar o resultado, un resultado totalmente enganoso tal e como se desenvolveu o encontro.

sph